Código Cociña

Son novos tempos para o mundo da gastronomía e o viño. Cada vez máis consumidores constrúen a súa propia voz en blogs e outros formatos das redes sociais de Internet, comunicando e intercambiando con outros consumidores e interesados valoracións, recomendacións e experiencias ao redor de produtos, locais, territorios, persoas, marcas, etc.

A blogosfera e as redes sociais estanse constituíndo como un poderoso referente que unha gran audiencia utiliza para decidir onde ir, que facer, que comprar ou para coñecer a actualidade neste sector de crecente interese nun momento no que o papel da crítica e as guías tradicionais estase reformulando e enfróntase a novos retos. Ocupar esa crecente esfera de influencia social e económica e axudar a decidir a un segmento crecente de audiencia, deposita sobre os escritores, creadores e editores de blogs unha gran responsabilidade sobre a mensaxe que se comunica e a súa repercusión en consumidores e produtores.

As autoras e autores de blogs e webs con contidos enogastronómicos que subscribimos este Código cremos que é o momento de dar un paso adiante. Cremos no intercambio de voces, no crecente papel de Internet e destes novos formatos de publicación. Cremos na voz do consumidor e do usuario. E porque cremos na súa importancia, queremos apostar por publicar un contido de calidade, fiable e crible, nos nosos blogs e webs sociais. Por iso queremos manifestalo publicamente, compartindo entre todos uns principios básicos de autorregulación que aplicamos na elaboración dos nosos contidos, que respecten a independencia e liberdade creativa do autor ou autora e aos que calquera que así o desexe e comparta, pódese adherir.


Os principios do Código Cociña



Difunde o Código Cociña


Para adherirse ao Código tan só é preciso incluír o seu logotipo e unha ligazón ao seu sitio web no teu sitio web/blog. Por exemplo, para colocar esta imaxe:

Simplemente debes copiar o seguinte código:

A maiores, se queres figurar na lista de blogs subscribintes do código que figura neste sitio web podes enviarnos un correo co nome do teu blog e unha ligazón a el a codigococina@gmail.com.

Historia do Código Cociña


Este texto foi redactado orixinalmente en lingua galega por Manuel Gago coa colaboración de Óscar Beiro, Soledad Felloza, Jorge Guitián e Miguel Vila. O texto discutiuse dentro da lista de blogastrónomos galegos e presentouse o 18 de febreiro de 2008 no marco do Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela.

Blogs subscribintes


Adhesións iniciais   (386 )

Tradutores do Código

  1. Català: Joan Gómez Pallarès
  2. Deutsch: Teresa Astray
  3. English: Xesús Fraga
  4. Español: Manuel Gago Mariño
  5. Français: Catherine Martin, Sergio González
  6. Português: João Pedro de Carvalho